Asociación Pura Raza Cabalo Galego

Dirección:Pazo De Quián S/n
Localidad: Sergude - Boqueixón
Código Postal: 15881
Provincia: A Coruña
Comunidad Autonoma: Galicia
Telefono: 981 511 922
Fax:981 814 765
0
Categoria: Asociaciones, 

Descripción

Asociación Pura Raza Cabalo Galego

En Galicia existe unha raza equina autóctona, o cabalo de pura raza galega, actualmente en perigo de extinción e polo tanto de protección especial, tal e como figura no Real decreto 1682/1977, do 7 de novembro, polo que se actualiza o catálogo oficial de razas de gando en España. Por ser unha raza en perigo de extinción, polo seu actual sistema de cría e pola súa especial vinculación ó pobo galego, resulta de gran interese genético, social, cultural, ambiental e económico para Galicia.A directiva do Consello 90/427/CEE, do 26 de xuño, relativa ás condicións zootécnicas e xenealóxicas que regulan os intercambios intracomunitarios de équidos, constitúe a base legal da normativa comunitaria sobre selección e reproducción de razas de gando equino, con especial tratamento dos libros xenealóxicos. Posteriormente, a decisión 92/353/CEE, do 11 de xuño, da Comisión, establece os criterios para a autorización ou o recoñecemento das organizacións e asociacións que creen ou leven libros xenealóxicos para équidos registrados. A transposición destas normas ó ordenamento xurídico español realizouse mediante o Real decreto 1026/1933, do 25 de xuño, que estableceu as disposicións de carácter básico necesarias para a sua aplicación.O Real decreto 997/199, do 11 de xuño, sobre fomento das razas autóctonas españolas de protección especial en perigo de extinción, establece as bases reguladoras dunha liña de axudas destinadas ás organizacións de gandeiros recoñecidas polas comunidades autónomas, para a promoción e defensa das razas autóctonas españolas en perigo de extinción, coa finalidade de evita-la súa desaparición.A Orde do 23 de setembro de 1998, da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria da Xunta de Galicia, estableceu o Libro Xenealóxico da Raza Equina Cabalo Galego do Monte; esta normativa supuso o punto clave de inicio para a recuperación e conservación da raza e desde entón o número de ejemplares inscritos no libro xenealóxico aproxímase ós 350. a citada normativa estableceu as directrices básicas para o comenzo do rexistro de animais, o seu sistema de identificación, o prototipo racial, etc.

Contacte con la empresa

Si desea contactar con esta empresa rellene el siguiente formulario